jueves, 1 de julio de 2010

voar é bo

Ía tempo que o piollo lle daba voltas a iso de repetir a experiencia de subirse a un paxaro e voar con el. Xa a sabendas de como era iso podería pasearse polo prado e estar atento a non confundir a herba coa pluma.
E fíxoo! Foi e pronto encontrou unha ave lindísima e rubiulle polas plumas ata apreixarse ben, esta vez, entre as súas dúas ás para estar máis equilibrado e non perderse nada do que vise desde alí.
O paxaro voou alto e rápido entrando de súpeto na noite que aínda parecía tan lonxe desde o prado.
Embaixo víase nada, todo escuro, e ao cabo dun momento apercibiuse unha pedra grande e con moita luz que lle saía de dentro e con formas que parecían picos e coroas.
O paxaro baixou un pouco e entón o piollo escoitou un son ao lonxe: porrou-porrou - tan -tan-ton-porrou - ton-borroporrou-ton tan - …
O paxaro volveu o cabeza e graznou:
! Saúde Berenguelaaaaaaaaaaaaa!
E a rocha contestou de lonxe: ton-ton-ton-ton - e así ata 13 badaladas que parecían.

A ave tomou terra e foi entón cando o piollo se decatou de que ían alí máis piollos como el, un grupo deles moi indignados, todos cunha cinta vermella e chifres e berrando algo como que se confundiran de paxaro e volta que hai que berregar algo de Sudáfrica e a soprar polos chifres.

Pero o paxaro non se inmutóu, deixounos alí a todos sen enterarse sequera de que nos apearamos e foise a parolar coa súa amiga Berenguela voando ao seu arredor e dándolle pasadas de moi preto. O piollo ollaba asombrado desde embaixo a inmensa pedra lucente coa cousa Berenguela arriba de todo e o paxaro e outros máis voando ao seu arredor co peito e as ás iluminados por aquela luz branca e brillante. Tal parecía a escena dun baile de gala.
(Adicado á miña filla).

No hay comentarios: