miércoles, 21 de abril de 2010

Texto censurado saltándose la censura.


Agora que se van os fríos e chega a astenia primaveral vou correndo a darme un chute de farmacia. A ver? isto está ben: selenio, vitamina A e B…Non sexa que as margaridas nos prados, o arrolo das pombas e o calorcito do sol predispoñan o meu sistema nervioso a namorarme outra vez. Aos meus anos iso non me convén en absoluto, outra vez o corazón taca-tác-taca-tác bourando en e que se chama ou non chama, se vén ou non vén, e a tinguirse as canas e a ver onde agocho as muletas... Uy! Que non, nin falar.
No caso de que a farmacopea non funcione non teño mas que acordarme dos anos de cárcere e compararos con esta liberdade total en onde só eu son miña e feliz.

3 comentarios:

Unknown dijo...

xa me estrañaba a mín o da censura!

Sun Iou Miou dijo...

A min non hai farmacia nin muletas que me cheguen. ;)

(Tesme admirada! Só un reparo: despois de negación, o pronome anteponse ao verbo -> "non me convén".)

ella dijo...

Jaja, Mar. Es que me fai moitisima graza o das muletas, e que conste que son mias as da foto.

Son Lou, mestra, vou correndo a corrixir.